jueves, 2 de junio de 2016
6. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía
A ciencia e a técnica teñen unha poderosa influencia sobre a nosa forma de vida, posto que
vivimos nunha sociedade moi tecnificada que alterou severamente, para ben e para mal, o medio
físico. A ciencia e a técnica permítennos separarnos das ataduras da Natureza; axúdannos,
por exemplo, a combater a enfermidade ou a vivir nun mundo con menos ameazas.
Limitacións ecolóxicas
O uso da tecnoloxía e a forma en que se aplica o coñecemento científico provocan efectos
negativos. Vemos como aparecen algúns problemas sanitarios modernos, que antes non existían,
por un uso indebido de certas técnicas. Por exemplo, o mal das vacas tolas, que se debe
á alimentación de tales animais a base de fariñas cárnicas. Esta forma de alimentar ás vacas
favorecía o seu rápido crecemento e, ademais, permitía o reciclado de proteínas que, doutra
forma, se perderían. E é posible atopar moitos máis exemplos de problemas xerados por un
uso extensivo e equivocado de certas técnicas que, finalmente, teñen efectos negativos sobre
a saúde das persoas: a contaminación do aire xerada polos tubos de escape dos coches, a contaminación
química que se produce na elaboración de certos bens, as afeccións que causan os
procesos de xeración e uso da enerxía etc.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario